A feira
A Feira do San Martiño de Francos, con 500 anos de historia, segue a ser unha feira cabalar, punto de encontro do mundo ecuestre e unha importante manifestación da tradición e cultura popular, de gran significación en toda a comarca e, en especial, para todas as persoas teenses que celebran esta festividade municipal. Na Carballeira de Francos celébrase cada 11 de novembro unha das feiras de gando máis antigas de Galicia que aínda conserva a esencia, o arrecendo e outros elementos propios das antigas feiras tradicionais: o mercado e a romaría popular con personaxes como as polbeiras, os tratantes de gando, os cegos..